Luar na Lubre anuncia que, por su trigésimo aniversario, lanzarán un nuevo recopilatorio. En esta ocasión prometen no caer en lo convencional.
Estamos preparados xa para a saida do noso vindeiro traballo de XXX Aniversario. Un recopilatorio con temas selectos que nós mesmos escollimos tratando de non caer no convencional, sen as cancións máis coñecidas e recoñecidas senón que buscando a excelencia dos temas máis agochados do noso repertorio nestes 30 anos de andaina acompañados, eso si, de algunha que outra sorpresa que pensamos vaivos ser moi grata….
Revisións actuais de temas como «Morrison’s jig», «Dun tempo para sempre» ou o «Soldado desgraciado», a inclusión da versión que Mike Oldfield fixo de «O Son do Ar» («The song of the sun») ou unha versión un pouco transgresora que nos fixemos do clásico galego «Fonte do Araño» composto polo grande mestre Emilio Cao, un dos precursores da música celta e galega actual.
Todo esto acompañado coas colaboracións de xente como Ismael Serrano, Coral de «Ruada», Nani García, Victor Iglesias, Christian Delgado, Fernando Fraga, Irene Cerqueiro etc….. E co deseño gráfico de Antonio Seijas.
1 respuesta
[…] na Lubre vuelve a estar de gira de presentación del recopilatorio de rarezas que lanzaron recientemente. Las fechas confirmadas son las […]